Descubre o patrimonio botánico da horta e xardíns da Casa de Rosalía. Amosamos información sobre as árbores máis senlleiras na contorna da Casa da Matanza, baseada no estudo de Carlos Rodríguez Dacal plasmado na obra ‘O Xardín da Casa de Rosalía’. As imaxes que aparecen nesta páxina e nas fichas das árbores tamén pertencen a ese libro.


As árbores

Figueira da Casa de Rosalía

Figueira da Casa de Rosalía

Esta figueira, xa histórica, leva resistindo heroicamente as inclemencias do tempo e a escasa lonxevidade da súa especie. O exemplar foi perdendo a galanura fisionómica que luciu nos seus mellores…

Saber máis
Loureiro da Casa de Rosalía

Loureiro da Casa de Rosalía

Ademais do Loureiro dos Poetas, outro representante máis desta especie omnipresente en toda a xeografía galega, que goza dunha estima xeralizada polos beneficios que proporciona. Atópase pegado á muralla e…

Saber máis
Castiñeiro da Casa de Rosalía

Castiñeiro da Casa de Rosalía

Plantado en 1955, o castiñeiro medro ás súas anchas, conseguindo un porte sobresaínte, configurado por un tronco poderoso, que se descompón en tres brazos corpulentos. É un dos activos florísticos…

Saber máis
Camelia do patio da Casa de Rosalía

Camelia do patio da Casa de Rosalía

A embaixadora do cuantioso colectivo camelícola que acolle o xardín da Casa de Rosalía, diferenciándose do resto pola súa maior dendometría (circunferencia de fuste e altura de porte), pola honra…

Saber máis
Loureiro real da Casa de Rosalía

Loureiro real da Casa de Rosalía

O porte individual, corpulento e rechamante, e a súa favorable localización no terreo xustifican a súa cualificación como árbore memorable. As súas follas e sementes son tóxicas.

Saber máis
Emparrado do Ceador

Emparrado do Ceador

Formación vexetal constituída por oito vides que arrincan e se aplican contra outras tantas pilastras compoñentes do cenador. Son pés xuvenís, de viño catalán, plantados na primeira metade da década…

Saber máis
Oliveira de Camilo Agrasar Vidal

Oliveira de Camilo Agrasar Vidal

Plantada antes da apertura da Casa-Museo, é unha árbore de apreciable arquitectura copal plantada por Camilo Agrasar para deixar constancia e testemuño do culto por ela profesado ás oliveiras do…

Saber máis
Pereiras de Avelino Pousa Antelo

Pereiras de Avelino Pousa Antelo

Así explica Pousa Antelo a súa conexión coa Casa da Matanza: “Visiteina varias veces cos meus fillos e cos meus alumnos e convertinme nun habitual asistente das conmemoracións rosalianas; mesmo…

Saber máis
Loureiro dos Poetas

Loureiro dos Poetas

Árbore probablemente herdeira do loureiro diante do que se fixo unha das máis recoñecidas fotografías de Rosalía, o que a convirte nunha árbore con importancia histórica no país. Especie consagrada…

Saber máis
Ombú da Casa de Rosalía

Ombú da Casa de Rosalía

Árbore maxestuosa e de porte admirable que forma parte dunha colección de árbores americanos (árbore do coral, ombú, chorisia e xacarandá, estas dúas últimas desapareceron por falta de adaptación ambiental),…

Saber máis