Pereira de Avelino Pousa Antelo
Pyrus communis L. (Europa, Asia Menor)
Árbore memorable. Enxertada por Avelino Pousa na década de 1970 con peras urracas da casa natal de Arzón/A Baña.
Así explica Pousa Antelo a súa conexión coa Casa da Matanza: “Visiteina varias veces cos meus fillos e cos meus alumnos e convertinme nun habitual asistente das conmemoracións rosalianas; mesmo inxertei unhas pereiras con pugas de peras urracas que trouxen da horta de meus pais no meu natal Val de Barcala”.
Xa só queda viva unha delas.