Tanto as persoas físicas como as xurídicas poden ser protectoras da Casa de Rosalía. Aquí podes consultar a listaxe de Protectores e Protectoras da Casa de Rosalía

A que te obriga?

  • A facer unha doazón anual mínima de 60€

Que recibes? 

  • Terás un carné de protector/a da Casa de Rosalía
  • Conseguirás 10 entradas gratuítas para visitar a Casa-Museo.
  • Terás un desconto do 10% na nosa tenda.
  • Recibirás como agasallo, cada ano, dúas publicacións da Fundación.
  • Recoñeceremos a túa achega na páxina web, sempre que así o desexes
  • Achegarémosche un documento que acredita que es protector que poderás colgar no teu local. E un báner para a túa web. 
  • Terás os beneficios fiscais correspondentes, deducindo un 25% se es persoa física e un 35% se es persoa xurídica, segundo a Lei 49/2002.

Faite protector/a xa!

Rematado o proceso chegarache unha confirmación por correo electrónico. Se non o recibes, comproba que non estea na carpeta de spam. Se segue sen aparecer, por favor faínolo saber desde o formulario de contacto. Grazas.

    

Solicitude de alta









, cunha achega de € ao ano (mínimo 60€).

Domiciliación bancaria


Resolve a operación: 3 + 3 =

A Fundación Rosalía de Castro como responsable desta web tratará os datos de carácter persoal que proporciones a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que solicitamos é dar resposta á túa decisión de inscribirte como Protectora ou Protector da Casa de Rosalía e de recibir información da entidade. A lexitimación faise por medio da túa aceptación ao premer o botón de inscrición.

Comunicamos que as informacións facilitadas estarán localizadas en servidores propios da Fundación Rosalía de Castro, no noso provedor de servizos aloxamento web e correo electrónico, Dinahosting, S.L. (ver Protección de datos de Dinahosting) e nos servidores das entidades bancarias coas que traballamos.

Poderás exercer os teus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante a Fundación Rosalía de Castro, no correo fundacion@rosaliade castro.gal, segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderás exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Podes consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Política de Privacidade.