A Casa de Rosalía acolle ao longo do ano numerosas actividades culturais e/ou académicas. Desde presentacións de traballos e obras relacionadas con Rosalía ata concertos, conferencias, exposicións, visitas guiadas, etc. 

Tamén lle damos abeiro a actividades doutras entidades e estamos abertos á colaboración con todos aqueles colectivos que compartan con nós obxectivos e valores. 

Eis unha listaxe dos principais proxectos e actividades que levou adiante esta Fundación desde 2012: 

    • Reforma e acondicionamento do interior da Casa Museo.
    • Renovación do discurso museolóxico e museográfico, coa incorporación de novas tecnoloxías e a musealización dun amplo repertorio de novas pezas adquiridas ou cedidas.
    • Renovación da páxina web e presenza nas redes sociais.
    • Organización da exposición “No principio foi o verso” celebrada en Vigo con motivo dos 150 anos de Cantares gallegos.
    • Descuberta e compra dun exemplar único da obra que contiña unha foto, un texto autógrafo e unha carta inéditos.
    • Acondicionamento dun novo espazo para o Arquivo da Fundación.
    • Ordenación, catalogación e dixitalización de todo o fondo documental histórico.
    • Obras de accesibilidade á Casa Museo e ás súas instalacións.
    • Celebración do Día de Rosalía: Alborada e Caldo de Gloria.
    • Homenaxe do mar a Rosalía: “Inchadiña branca vela”.
    • Concurso Escolar de poesía Rosalía de Castro
    • Edición da revista Follas novas de estudos rosalianos.
    • Compra de diferentes pezas de Ovidio Murguía.
    • Incorporación do fondo documental das familias Pardellas de Blas e Baltar Feijóo.
    • Celebración dos Encontros na Casa de Rosalía coa Universidade de Vigo.
    • Posta en marcha do festival Abride a Fiestra, desde 2018
    • Posta en marcha de “Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües”
    • Posta en marcha do Roteiro Rosaliano “De Padrón polos camiños”
    • Posta en marcha da Tenda da Casa de Rosalía
    • Publicacións: Obra completa, O Xardín da Casa de Rosalía, Espistolario de Manuel Murguía III, …
    • Concertos, presentacións, exposicións, conferencias, teatralizacións, visitas guiadas…