Merca un libro en galego e leva unha escolma rosaliana

Merca un libro en galego e leva unha escolma rosaliana

Con motivo do Día de Rosalía a Fundación Rosalía e a Fundación Xistral poñen en marcha, en colaboración coa Xunta, unha campaña de promoción do libro galego pola cal calquera que merque un libro en galego do 6 febreiro ao 3 de marzo recibirá como agasallo unha pequena escolma de textos rosalianos.

Estreamos avatar 3D de Maruxa Villanueva

Estreamos avatar 3D de Maruxa Villanueva

A Fundación Rosalía de Castro estrea unha nova aplicación na súa visita virtual por mor do Día de Rosalía: a Casa de Rosalía é desde hoxe o primeiro museo do…

O Día de Rosalía pasa a celebrarse o 23 de febreiro

O Día de Rosalía pasa a celebrarse o 23 de febreiro

A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora.

Rosalía na Coruña

Rosalía na Coruña

Artigo de Anxo Angueira sobre a importancia da Coruña na obra e na vida de Rosalía, publicado no libro ‘Cidade das mulleres. Veciñas ilustres da Coruña, vol.1’.

Máis de 44.000 visitas virtuais en tres meses

Máis de 44.000 visitas virtuais en tres meses

Con motivo do 50 aniversario da Casa de Rosalía, o pasado xullo puxemos en marcha o sistema de visitas virtuais en catro linguas: galego, español, francés e inglés. A maioría das visitas proceden de Google Maps, desde onde é posible visitar a Casa-Museo de forma virtual sen necesidade de visitar a nosa web.

Comezan as obras para a reforma do Auditorio

Comezan as obras para a reforma do Auditorio

A obra, que rematará na primavera de 2022, será financiada con fondos da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e propios da Fundación Rosalía. O edificio actual conta con instalacións obsoletas para a programación que leva adiante a Casa-Museo e ten partes gravemente deterioradas e fóra de servizo, que reclamaban unha actuación urxente.

Preséntase en libro información inédita sobre Rosalía

Preséntase en libro información inédita sobre Rosalía

‘Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858)’ é froito do traballo da investigadora galega Sagrario Abelleira realizado no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid. Alén da corrección da data de nacemento, a documentación atopada demostra que Rosalía non foi nunca abandonada pola súa nai.