
Rosalía musicada, unha compilación de temas con letra da autora
Eis unha compilación de temas musicais que musican os textos de Rosalía. Realizada por Pilar Ponte (“A Profa”) e Roxelio García.

Lideramos un proxecto europeo de formación na transformación dixital para museos
A Fundación Rosalía lidera o proxecto europeo de formación ‘Open Museums. European Museums stay open through digital technologies’ en colaboración con socios de Italia, Países Baixos ou Grecia, entre outros.

Xosé Ramón Barreiro (1936-2021), algo máis que un historiador
Obituario de Xosé Ramón Barreiro Fernández, padroeiro desta Fundación, asinado por Xosé Luís Axeitos, tamén académico e compañeiro do historiador falecido nalgunhas investigacións.

Doan á Casa-Museo o “Herbario de Rosalía” con 150 plantas
As profesoras Mª Isabel Fraga Vila e María López Sández veñen de doar á Casa-Museo un Herbario de Rosalía con 150 plantas presentes na súa obra.

A Casa-Museo reabre o 2 de marzo
O museo dedicado á escritora regresa cunha redución de aforo ao 30% da súa capacidade, sen grupos escolares nin visitas guiadas, tal e como se establece nas medidas decretadas polo Goberno galego.

Anxo Angueira renova como presidente da Fundación Rosalía
O profesor da Universidade de Vigo vén de ser refrendado por catro anos máis polo plenario da Fundación, que o votou por unanimidade.

O libro ‘As orixes da fotografía en Galicia’ gaña o Premio Baltar Feijóo
‘As orixes da fotografía en Galicia’ é unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. O seu autor ofrece un traballo rigoroso, documentado e moi didáctico, no que non faltan descubertas en relación ás fotografías que conservamos de Rosalía de Castro.

López Sández, Ana Acuña e Xosé Lapido, novos membros da Fundación
O pasado venres 6 de novembro celebrouse un novo plenario da Fundación Rosalía de Castro no que se decidiu a entrada de tres novos padroeiros: as profesoras María López Sández e Ana Acuña, e o poeta Xosé García Lapido.

Convocada a segunda edición do Premio de Investigación Baltar Feijoo
A Fundación Rosalía de Castro vén de convocar a segunda edición do Premio de Investigación e Ensaio “Ramón Baltar Feijóo” co obxectivo de contribuír ao fomento do estudo do período histórico relativo ao fondo documental que leva o seu nome e que foi depositado no Arquivo da Casa de Rosalía pola familia Baltar García-Peñuela, que vai desde o Rexurdimento ata a Xeración Nós.

Abrimos de novo o 2 de xuño
A Casa-Museo regresa cunha redución do seu aforo a 21 persoas no interior, sen grupos escolares nin visitas guiadas.

Pechamos ata novo aviso
Pechamos a Casa de Rosalía ás visitas ata novo aviso dada a evolución da pandemia do coronavirus COVID-19 e cumprindo as indicacións das autoridades gobernativas e sanitarias.

A revista Follas Novas dá a coñecer unha carta inédita de Rosalía
O número 4 da revista Follas Novas, a revista de estudos rosalianos desta Fundación, inclúe unha carta inédita de Rosalía de Castro. A misiva vai dirixida a José Villaamil y Castro (1838-1910), amigo e colaborador de Murguía.