
Tomiño convértese no primeiro concello Mecenas da Casa de Rosalía
Con esta decisión Tomiño refrenda así o seu compromiso histórico con esta institución, dado que xa apoiara economicamente a súa creación en 1953 cunha doazón de 500 pesetas e en 1971 -previa á apertura da Casa-Museo- de 2.000 pesetas.

Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro
Finalmente a estrela HD 149143 levará o nome de Rosalía de Castro e o seu exoplaneta, Río Sar. Máis de 34.000 persoas participaron na votación online, e a opción de Rosalía foi claramente a máis apoiada entre as doce posibles.

A Casa de Rosalía abre unha campaña de subscrición popular
Desde xa calquera persoa poderá converterse en Amiga ou Amigo da Casa de Rosalía e apoiar desde 20 euros ao ano a independencia económica e cultural desta institución.

Iniciativa para poñerlle o nome de Rosalía a unha estrela
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío vén de promover unha campaña, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, para poñerlle o nome da autora padronesa á estrela HD 149143, e Río…

En depósito no Museo do Pobo 40 pezas de indumentaria feminina
A Fundación Rosalía vén de deixar en depósito 40 pezas de roupa de finais do XIX e principios do XX no Museo do Pobo Galego.

Novo pavimento para a Casa de Rosalía
A Xunta financiará o acondicionamento dos pavimentos dos xardíns exteriores aos edifcios da Fundación e a Casa Museo Rosalía de Castro para preservalos.

Tres gañadoras do VII Concurso Escolar de Poesía
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron a coñecer este mediodía os gañadores das tres categorías do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.

Tres novas pezas e mellora das instalacións
A Casa-Museo de Rosalía vén de incorporar tres novas pezas de Ovidio Murguía (dous novos cadros de Ovidio datados en 1895.

Fundacións e casas-museo de Galicia organízanse
A Fundación Rosalía participou na terceira asemblea de Fundacións e Casas Museo de autores e autoras de Galicia -celebrada na nosa Casa-Museo- na que se decidiu que se autoorganizarán para crear unha rede ou asociación que organice e defenda os intereses das entidades acollidas.

Plantada unha nova Árbore de Gernika
A Casa-Museo de Rosalía de Castro acolleu na mañá do 21 de febreiro o acto de plantación do retoño da Árbore de Gernika, logo de que o anterior exemplar, traído por Avelino Pousa Antelo en 1994, morrera o ano pasado.

Gañamos o Premio do Público Culturgal 2018
A Casa-Museo Rosalía de Castro recibiu o pasado domingo 2 de decembro o Premio do Público do Culturgal 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

María Xesús Lama e Emilio Ínsua, gañadores do Premio de Investigación Baltar Feijoo
A biografía sobre Rosalía e a obra sobre as Irmandades gañan ‘ex aequo’ a 1ª edición do Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo.