Bota unha man!

Ser voluntaria ou voluntario da Casa de Rosalía implica colaborar en diferentes actividades segundo as túas posibilidades e coñecementos. Axudarás á Casa, difundirás e consolidarás a figura e obra de Rosalía e alentarás a cultura galega. Tamén ten algúns beneficios para ti:

  • Poderás entrar de balde a todas as actividades
  • Recibirás como agasallo unha publicación da Fundación ao ano

Faite voluntaria/o xa!

Rematado o proceso chegarache unha confirmación por correo electrónico. Se non o recibes, comproba que non estea na carpeta de spam. Se segue sen aparecer, por favor faínolo saber desde o formulario de contacto. Grazas.

   

Solicitude de alta










Resolve a operación: 45 − = 44

A Fundación Rosalía de Castro como responsable desta web tratará os datos de carácter persoal que proporciones a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que solicitamos é dar resposta á túa decisión de facer a solicitude de voluntariado na Casa de Rosalía e de recibir información da entidade. A lexitimación faise por medio da túa aceptación ao premer o botón de inscrición.

Comunicamos que as informacións facilitadas estarán localizadas en servidores propios da Fundación Rosalía de Castro, no noso provedor de servizos aloxamento web e correo electrónico, Dinahosting, S.L. (ver Protección de datos de Dinahosting) e nos servidores das entidades bancarias coas que traballamos.

Poderás exercer os teus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante a Fundación Rosalía de Castro, no correo fundacion@rosaliade castro.gal, segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderás exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Podes consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Política de Privacidade.