
Na actualidade o conxunto utilizable da Casa de Rosalía está composto por catro edificios: o Museo –a Casa propiamente dita–, o Auditorio, o Arquivo –antiga casa de Maruxa Villanueva– e a sala de reunións que é unha zona de traballo para o persoal e o Padroado da Fundación.
A casa-museo
- Superficie construída: 415,60m2
- Superficia útil: 262,85m2
- Rehabilitada por primeira vez como Casa de Rosalía en 1.971. Nos últimos anos fixeronse novas reformas e melloras no edificio
- Ten unha capacidade de visita de 60 persoas ao tempo
- Na recepción ademais do punto de información, venda de entradas e acceso á exposición, está a Tenda da Casa de Rosalía
- Hai aseos para persoas con dificultades locomotoras
O auditorio
- Ten unha superficie de 96 m2
- Inaugurouse en 1.985
- A capacidade total é de 110 persoas, 80 na planta baixa
- O escenario mide 230 cm de fondo por 590 de largo. Conta con focos fixos
- Proxector OPTOMA de 3.200 lumens, entradas HDMI e VGA
- Pantalla eléctrica enrolable M31 Elecom, de 350 x 260cm
- Mesa de mesturas de son BEHRINGER XENYX1622FX
- Amplificador estéreo multicanle Crown XLS 202
- Caixa de son JBL CONTROL 28 WH
- Micros sen fíos SENNHEISER FREEPORT FP-35
- Accesible en cadeira de rodas
O arquivo
- Ten unha superficie de 42m2
- Inaugurouse en 1.975 para ser a vivenda de Maruxa Villanueva
- En 2008 reformouse e pasou a ser unha aula didáctica
- En 2015 transformouse en sala de arquivo
- Ten capacidade para unha persoa externa investigando
- Na actualidade non temos equipamento que podamos achegar para a súa utilización por parte de persoal investigador externo
Para calquera outra información dirixirse á Fundación polos seguintes medios:
Teléfono: +34 981 811 204
Correo: fundacion@rosaliadecastro.gal