Inicio
... Decid que queréis vernos esclavas y no compañeras vuestras; decid que de un ser que siente y piensa como vosotros queréis hacer unos juguetes vanos, unas máquinas [...] que, a medida de vuestro deseo, estén alegres...
Próximos actos
Descubrindo o noso patrimonio...

Loureiro da Casa de Rosalía
Ademais do Loureiro dos Poetas, outro representante máis desta especie omnipresente en toda a xeografía galega, que goza dunha estima xeralizada polos beneficios que proporciona. Atópase pegado á muralla e…

Bosquexo de plantas de Alexandra
Un exercicio de Alexandra da súa técnica como acuarelista. Sobre un fondo branco, sen pintar, presenta unhas plantas perennes de talo leñoso e follas miudas. Propiedade da Fundación desde 1971.
Novas
A Casa-Museo reabre o 2 de marzo
O museo dedicado á escritora regresa cunha redución de aforo ao 30% da súa capacidade, sen grupos escolares nin visitas guiadas, tal e como se establece nas medidas decretadas polo Goberno galego.
Anxo Angueira renova como presidente da Fundación Rosalía
O profesor da Universidade de Vigo vén de ser refrendado por catro anos máis polo plenario da Fundación, que o votou por unanimidade.
O libro 'As orixes da fotografía en Galicia' gaña o Premio Baltar Feijóo
‘As orixes da fotografía en Galicia’ é unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. O seu autor ofrece un traballo rigoroso, documentado e moi didáctico, no que non faltan descubertas en relación ás fotografías que conservamos de Rosalía de Castro.
López Sández, Ana Acuña e Xosé Lapido, novos membros da Fundación
O pasado venres 6 de novembro celebrouse un novo plenario da Fundación Rosalía de Castro no que se decidiu a entrada de tres novos padroeiros: as profesoras María López Sández e Ana Acuña, e o poeta Xosé García Lapido.
Convocada a segunda edición do Premio de Investigación Baltar Feijoo
A Fundación Rosalía de Castro vén de convocar a segunda edición do Premio de Investigación e Ensaio “Ramón Baltar Feijóo” co obxectivo de contribuír ao fomento do estudo do período histórico relativo ao fondo documental que leva o seu nome e que foi depositado no Arquivo da Casa de Rosalía pola familia Baltar García-Peñuela, que vai desde o Rexurdimento ata a Xeración Nós.
Abrimos de novo o 2 de xuño
A Casa-Museo regresa cunha redución do seu aforo a 21 persoas no interior, sen grupos escolares nin visitas guiadas.
Novidades da Tenda
Na revista de estudos rosalianos
