Rosalía en Camiño 2021
Publicación da segunda edición dos Diálogos Literarios Multilingües, Rosalía en Camiño, na que os poetas e as poetas participantes achéganos algúns textos de traballos anteriores e outros creados expresamente para a ocasión, nos que dialogan con poemas, imaxes ou conceptos rosalianos
María Cardarelly, un lostrego na fotografía galega
O fotohistoriador Carlos Castelao publica un artigo sobre a importancia de María Cardarelly dentro do mundo da fotografía en Galicia, unha das primeiras fotógrafas en España. A súa dedicación foi fugaz, mais ficou gravada xa por sempre na memoria colectiva a través de Rosalía, precisamente ao contribuír dun xeito terreal á súa imaxe inmortal.
Unha primeira edición de ‘Cantares gallegos’ con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía
Anxo Angueira publica un estudo sobre o exemplar da primeira edición de ‘Cantares’ atopado en 2013 en Vigo, xunto cunha fotografía, un autógrafo e unha carta de Rosalía.
As Tres Rosalías
Pepe Barro, deseñador e autor do novo proxecto museográfico da Casa de Rosalía, publica un texto sobre as principais imaxes de Rosalía que leu o 15 de xullo de 2014 na Casa da Matanza.
150 Cantares para Rosalía de Castro
Libro dixital en homenaxe a Rosalía de Castro, editado por Suso Díaz, que reúne 150 poemas de escritores galegos inspirados noutras tantas estrofas de Cantares gallegos.
Rosalía en Camiño 2019
Publicación da primeira edición dos Diálogos Literarios Multilingües, Rosalía en Camiño, na que os poetas e as poetas participantes achéganos algúns textos de traballos anteriores e outros creados expresamente para a ocasión, nos que dialogan con poemas, imaxes ou conceptos rosalianos
De Cantares Hoxe
36 poetas recrean os poemas de ‘Cantares gallegos’ nun proxecto editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Radio Galega. Acompáñase dun CD coas emisións radiofónicas realizadas no Diario Cultural ao longo do ano 2013 e que ademais da lectura dos poemas na voz dos seus autores e autoras.
O deseño de Portela que mudou a imaxe de Rosalía
Unha investigación amadora de Lois Rodríguez sobre un dos retratos máis difundidos da iconografía rosaliana –do que se descoñecía autoría, data de creación e técnica–, consegue demostrar que esta imaxe é un debuxo, probablemente a carbón, deseñado por Antonio Portela Paradela no ano 1902 en Madrid.