Ao longo do ano milleiros de estudantes visitan A Casa da Matanza para vir coñecer a Rosalía e honrala. Por iso creamos este espazo na web dedicado especialmente aos centros de ensino onde se poden atopar recursos educativos pensados para vós. Ademais, tampouco esquecemos que Rosalía de Castro forma parte do currículo educativo galego tanto pola súa condición de muller senlleira na evolución do noso pensamento e da nosa cultura como por ser a escritora nai das nosas letras.

Os nosos recursos, alén de ter en conta a visita imprescindible que toda a poboación escolar galega debería realizar nalgún momento da súa traxectoria á Casa de Rosalía, tamén poden ser utilizados noutros niveis en que esta visita non se produza.

Os recursos deste espazoeducativo están organizados atendendo á idade do noso estudantado en catro grupos didácticos.

Unidades didácticas da visita á Casa de Rosalía

INFANTIL e de PRIMARIA

Hoxe imos á Casa de Rosalía

eciclo de PRIMARIA

Visitamos a Casa de Rosalía