
En tempos do Covid 19
– Continuamos co horario habitual (mirar máis abaixo)
– Non poden realizarse visitas de grupos escolares nin de colectivos de adultos. Tampouco visitas guiadas.
– Si se admitirá a visita en grupo dun mesmo núcleo familiar de convivencia.
– No resto das visitas establécese un máximo de 5 persoas por sala, incluída a recepción, e un total de 21 persoas no interior.
– O percorrido polas dependencias da Casa-Museo está regulado e guiado por marcadores de distancia e indicadores.
– As persoas que nos visiten deberán facer uso de máscaras, gardar as distancias de seguridade e facer uso do xel hidroalcohólico na recepción.
– Non está permitido tocar ningún obxecto ou moble do interior.
– Todas as instalacións serán desinfectadas diariamente.
Horarios e prezos
De xullo a setembro
10.00-14.00 h
16.00-20.00 h
Resto do ano
10.00-13.30 h
16.00-19.00 h
Luns pechado
Domingos e festivos:
10.00-13.30 h
Prezo da visita
Individual 2€
Grupos (+20 persoas) 1,50€
Colexios (maiores 6 anos) 1€
Colexios (menores 6 anos) 0€
Cita previa (só grupos)
Por teléfono: +34 981 811 204
Por correo: fundacion@rosaliadecastro.gal
Enderezo e como chegar
Enderezo:
A Matanza, s/n
15917 Padrón (Galicia)
Ver Casa de Rosalía nun mapa máis grande
Accesibilidade
Na actualidade pódese chegar con cadeira de rodas á Casa, a determinadas zonas do xardín, aos baños e á planta baixa do auditorio.
Na zona expositiva, situada na Casa, só se pode visitar en cadeira de rodas o primeiro andar.
Para máis información e esclarecer calquera cuestión relativa á acessibilidade o equipo da Casa da Rosalía responderá o antes posible no correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou no teléfono +34 981 811 204.