A Casa de Rosalía modernizou e actualizou as súas instalacións, con novos recursos didácticos, novas pezas e material audiovisual que nos permite comprender mellor a vida e obra de Rosalía de Castro e a súa familia.

Grazas a esta renovada museoloxía, o alumnado pode entender de forma efectiva a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega e como eixo dunha familia que funcionou como unha auténtica factoría cultural ao servizo do Rexurdimento.

Unha visita na que o presidente Anxo Angueira actúa como anfitrión e exerce como guía de gala.

Co obxectivo de difundir a figura de Rosalía entre a comunidade escolar galega, a Casa-Museo ten unha oferta especial para os colexios galegos:

– Entrada a 1 euro para o alumnado (profesorado acompañante de balde)

– Proxección do vídeo didáctico “O tesouro do moucho” para os primeiros cursos de primaria

– Visita guiada para o resto dos cursos, que inclúe o Museo e un paseo pola horta para coñecer as árbores senlleiras que a poboan, coma o carballo fillo do de Gernika, o ombú traído da Arxentina, a camelia Rosalía de Castro etc.

– Posibilidade de usar o auditorio da Casa de Rosalía.


Para a concertación das visitas:

Por teléfono: +34 981 811 204
Por correo: fundacion@rosaliadecastro.gal