Camelia Híbrida Rosalía de Castro

Imaxe da Camelia Rosalía de Castro desde dentro do xardín
Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (procedencia hortícola)
Árbore memorable. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía. Doazón da casa portuense Moreira da Silva.
En 2025 entrou no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Imaxe da Camelia Rosalía de Castro desde dentro do xardín
A súa principal distinción márcaa o feito de tratarse dunha camelia creada en honra da poeta e que leva, polo tanto, o seu nome. De orixe portuguesa, diferenciable pola súa floración prolongada, entre novembro e abril, con flores vistosas, semidobres, grandes, vermello-alaranxadas. Unha creación do afamado establecemento viveirícola luso Moreira da Silva e Fillos, no Porto: o primeiro exemplar obtido foi bautizado co nome da autora e agasallado en 1968 á Casa-Museo.