Loureiro dos Poetas
Laurus nobilis L. (Rexión Mediterránea)
Árbore monumental. Descendente do loureiro que figura na foto familiar (Rosalía, Murguía e fillos) do ano 1884.
Árbore probablemente herdeira do loureiro diante do que se fixo unha das máis recoñecidas fotografías de Rosalía, o que a convirte nunha árbore con importancia histórica no país. Especie consagrada por gregos e romanos, símbolo da gloria e a vitoria, alén de moi útil en calquera fogar, o loureiro pasou por serias dificultades nos anos 50, mais considérase que debeu sobrevivir algún dos brotes que formaron a árbore actual.