Ceibo da Casa de Rosalía (tamén chamado eritrina ou árbore do coral)

Ceibo da Casa de Rosalía (tamén chamado eritrina ou árbore do coral)

Erythrina crista-galli L. (Brasil)

Árbore monumental. Plantada no ano 1971. Doazón da Casa de Galicia de Bos Aires. 

Forma parte da colección de árbores suramericanas -eritrina, ombú, chorisa e xacarandá (estas dúas últimas non se adaptaron ao terreo)-, procedentes de Bos Aires, traídas en estado de chanteiros pola Casa de Galicia. Individuo de elevado talle e gran volume copal que conforman unha espléndida figura de formato aparasolado. A comezos do verán enche a copa de vistosas ponliñas de flores con forma de bolboreta, dunha intensa cor vermella coralina. É a flor nacional de Arxentina e de Uruguai.