Cadro de Serafín Avendaño
Acuarela sobre papel
Data aproximada: 1865
Medidas: 28x21cm
En 2014 a asociación Amigos dos Museos fixo entrega á Casa-Museo Rosalía de Castro deste cadro do pintor Serafín Avendaño que amosa unha paisaxe das terras de Iria. Ademais, pola parte de atrás, inclúe un autorretrato do artista.
Serafín Avendaño (Vigo 1838 – Valladolid 1916) é un pintor galego que foi amigo da familia de Rosalía e, segundo o propio Murguía, foi membro dos Precursores da cultura galega. Foi un exemplo do preimpresionismo da pintura galega. De lento pero firme recoñecemento internacional na actualidade, aínda que en vida gozou de considerable prestixio, especialmente en Italia, onde residiu moitos anos. Foi mesmo amigo e atrezzista de Giuseppe Verdi, segundo apuntou Felipe Senén, presidente de Amigos de Museos, no acto.