Cama de Rosalía
Tamaño: 1,20 largo x 1,37 alto x 1,95 longo
Datación: s. XIX
Material: madeira
Rosalía morreu aquí en 1885, aos 48 anos. Este era o seu cuarto, como deixou dito Gala. No seu leito de morte a escritora pide que lle abran a fiestra, que quere ver o mar. E de certo, Gala confirmou que daquela o mar víase desde aquí e as brancas velas dos galeóns de carga a navegaren polo Ulla, río no que enchen as marés da Arousa e que aínda hoxe chaman “mar” na Terra de Iria.
Maruxa Villanueva, coidadora da Casa desde 1971 ata que morreu en 1998, poñía todos os días unha rosa ou unha camelia fresca na almofada da cama, costume que quedou fixado desde entón.