Bandeira de Rosalía
Datación: século 20
Material: tea de algodón
Esta foi a bandeira utilizada na inauguración do monumento a Rosalía no Paseo do Espolón de Padrón, o 23 de abril de 1957. Custodiada desde esa data polo galeguista padronés Camilo Agrasar, durante os anos sesenta e setenta foi a bandeira utilizada por diversos colectivos da Terra de Iria e do Barbanza [doazón da familia de Camilo Agrasar].