Carballo de Gernika, o novo Gernikako arbola
Quercus robur L. (Europa, Asia Menor, N. África)
Árbore memorable. Filla do ‘Gernikako Arbola’. Doazón das Juntas generales de Bizkaia polo Día de Rosalía de 2019.
En 2019 foi plantada unha Árbore de Gernika logo de que o ano anterior morrera a primeira que fora traída por Avelino Pousa Antelo en 1994. Este nova filla da árbore lexendaria vasca foi un agasallo das Juntas Generales de Bizkaia, organismo que mantén a Árbore de Gernika. Este é o terceiro que hai en Galicia, ademais doutro exemplar no propio Xardín Botánico de Padrón e na vila de Narón. A Árbore de Gernika, situada diante da Casa de Xuntas de Gernika no País Vasco, simboliza as liberdades tradicionais dos vascos desde que na Idade Media o señor de Bizkaia xuraba respectar os fueros baixo este carballo. Na actualidade é o lugar no que o lehendakari promete cumprir co seu cargo.