Só poden ser Amigas ou Amigos da Casa de Rosalía as persoas. Isto non é para ningún tipo de entidade ou institución, é  dicir, isto é para ti. Aquí podes consultar a listaxe de Amigas e Amigos da Casa de Rosalía

A que te obriga?

  • A facer unha doazón dun mínimo de 20€ ao ano.

Que recibes?

  • Un carné de Amiga ou de Amigo da Casa de Rosalía
  • Ti máis outra persoa que escollas entraredes de balde na Casa de Rosalía (unha vez ao ano) e en todas as actividades que programe.
  • Terás un desconto do 5% na nosa tenda.
  • Recibirás como agasallo unha publicación da Fundación ao ano.
  • Recoñeceremos a túa achega na páxina web, sempre que así o desexes.
  • Terás os beneficios fiscais correspondentes (ata o 80%)

Faite Amiga/o xa!

Facerte Amigo ou Amiga é moi fácil. Se cobres e envías o formulario de inscrición e domiciliación bancaria de abaixo, nós encargarémonos do resto.

Rematado o proceso chegarache unha confirmación por correo electrónico. Se non o recibes, comproba que non estea na carpeta de spam. Se segue sen aparecer, por favor faínolo saber desde o formulario de contacto. Grazas.

 

Solicitude de alta









, cunha achega de € ao ano (mínimo 20€).

Domiciliación bancaria


Resolve a operación: − 1 = 7

A Fundación Rosalía de Castro como responsable desta web tratará os datos de carácter persoal que proporciones a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que solicitamos é dar resposta á túa decisión de inscribirte como Amigo ou Amiga da Casa de Rosalía e de recibir información da entidade. A lexitimación faise por medio da túa aceptación ao premer o botón de inscrición.

Comunicamos que as informacións facilitadas estarán localizadas en servidores propios da Fundación Rosalía de Castro, no noso provedor de servizos aloxamento web e correo electrónico, Dinahosting, S.L. (ver Protección de datos de Dinahosting) e nos servidores das entidades bancarias coas que traballamos.

Poderás exercer os teus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante a Fundación Rosalía de Castro, no correo fundacion@rosaliade castro.gal, segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderás exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Podes consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa Política de Privacidade.