Parra de albariñas uvas

A parra recuperou o seu viñedo, con pés de viño catalán e de viño albariño nos últimos anos
Vitis vinífera L. (Europa, Asia Menor)
Formación memorable. Nos tempos de Rosalía, lugar de descanso familiar e fonte de inspiración literaria.
A parra recuperou o seu viñedo, con pés de viño catalán e de viño albariño nos últimos anos
Formación vexetal constituída por oito vides que arrincan e se aplican contra outras tantas pilastras compoñentes do cenador. Os pés de viño catalán foron substituídos en 2024 por plantas de albariño grazas á Cooperativa Vitivinícola Arousana, lembrando o famoso poema de ‘Follas novas’:
Ou miña parra de albariñas uvas,
que a túa sombra me dás!
Ou ti, sabugo de froriñas brancas,
que curas todo mal!
Ou ti, en fin, miña horta tan querida
e meus verdes nabals,
xa non vos deixo, que as angustias negras
lonxe de min se irán!