Ciprés Mediterráneo da Casa de Rosalía
Cupressus sempervirens L. (Rexión Mediterránea, S. Europa, Asia Menor)
Árbore memorable. Expresión de hospitalidade. Dos tempos da constitución da Casa-Museo.
Pertence ao grupo orixinal de árbores plantadas na década de 1950. Na Casa-Museo imita á perfección a función inherente ao mundo pacego e reflicte a importancia e o significado dados a dita conífera no mundo señorial.