Castiñeiro da Casa de Rosalía

Castiñeiro memorable. Especie emblemática da flora rosaliana.
Castanea sativa Mill. (S. Euopa, N. África, Asia Menor)
De gran simbolismo no mundo rosaliano. Dos tempos da constitución da Casa-Museo.
Castiñeiro memorable. Especie emblemática da flora rosaliana.
Plantado en 1955, o castiñeiro medro ás súas anchas, conseguindo un porte sobresaínte, configurado por un tronco poderoso, que se descompón en tres brazos corpulentos. É un dos activos florísticos do soar, tanto como froiteiro como árbore de sombra e de ornato. Eis o que dicía Rosalía en ‘Follas Novas’: “Baixo a prácida sombra dos castaños/ do noso bon país”.
Imaxe estival do castiñeiro. Ano 1999.