Inicio
Cantarte hei, Galicia, / na lengua gallega / ...
Estamos traballando en...
Novas
María Reimóndez acada a primeira residencia literaria que convoca a Fundación Rosalía
María Reimóndez vén de acadar a primeira residencia literaria que convoca a Fundación Rosalía en intercambio con Inglaterra. O xurado, formado polos escritores Chus Pato, María López Sández e Manuel L. Baleirón, escolleu nunha xuntanza esta mañá o proxecto literario da luguesa.
A familia de Camilo Agrasar vén de doarnos a súa biblioteca galega
A familia de Camilo Agrasar vén de doar a súa biblioteca galega á Fundación Rosalía de Castro que, segundo Anxo Angueira, “ten un notable valor bibliográfico ao incluír valiosos exemplares de libros e revistas do século XIX e XX”.
Anxo Angueira renova como presidente da Fundación Rosalía
O académico e profesor da Universidade de Vigo vén de ser refrendado por catro anos máis polo plenario da Fundación, que o votou por unanimidade.
O libro sobre Antolín Faraldo de Xurxo Martínez gaña o Premio Baltar
‘Querida Liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento: Antolín Faraldo’ vén de acadar a cuarta edición do Premio de Ensaio e Investigación Baltar Feijoo, unha obra que aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de Antolín Faraldo, a voz de toda unha xeración, a alma da revolución de 1846.
Inauguramos a reforma do Xardín de Rosalía
O novo xardín creouse seguindo unha concepción máis contemporánea, cos criterios do paisaxismo naturalista, que simula a natureza da contorna e é máis ecolóxico e sostible. A reforma incluíu tamén traballos de accesibilidade na entrada da Casa-Museo.
Convenio de colaboración coa Cátedra Rosalía da USC
A Fundación Rosalía de Castro e a recén creada Cátedra institucional Rosalía de Castro da USC xuntarán esforzos para desenvolver actividades de investigación e divulgación en torno á figura da autora e da súa obra. Así quedou materializado este mércores coa sinatura dun acordo na que participaron o reitor Antonio López e o presidente desta Fundación, Anxo Angueira.
Descubrindo o noso patrimonio...

Figueira da Casa de Rosalía
Esta figueira, xa histórica, leva resistindo heroicamente as inclemencias do tempo e a escasa lonxevidade da súa especie. O exemplar foi perdendo a galanura fisionómica que luciu nos seus mellores…

Relicario de Rosalía
En xullo de 2017 a Deputación da Coruña entregou un guecho de cabelo de Rosalía que ficaba en depósito da institución con orixe no legado da familia de Juan Naya,…
Na revista de estudos rosalianos
