Rosalía Ilustrada

Rosalía Ilustrada

O impacto de Rosalía de Castro hai tempo que traspasou os límites da literatura para converterse nun auténtico símbolo de Galicia. A súa influencia chegou a moitas outras artes, coma a música, sendo a escritora máis musicada, e tamén á plástica e ao mundo gráfico, onde deixou fonda pegada, tanto na arte coma no deseño. Nesta exposición pedímoslle a 35 artistas galegos que interpretasen graficamente un texto de Rosalía. E nela amosamos a resposta obtida en forma de 35 ilustracións asinadas por destacados nomes da plástica galega.

Eles son: Carlos Arrojo, O Bichero (Luís Davila), Manel Cráneo, Elga Fernández Lamas, Bea Gregores, Leandro Lamas, Bea Lema, Iria Ribadomar, Álvaro de la Vega, Andrea de Toba, Fran Bueno, Pepe Carreiro, Xosé Cobas, Suso Cubeiro, Fausto, Federico Fernández Alonso, Norberto Fernández, Jacobo Fernández, Anxeles Ferrer, Raquel González, Nacho Hortas, Fernando Iglesias, Fran Jaraba, Xan López Domínguez, Fino Lorenzo, Primitivo Marcos, Xaquín Marín, Andrés Meixide, Pablo Otero Peixe, Miguelanxo Prado, María Fe Quesada, Miguel Robledo,  Kiko da Silva, Manuel Uhía e Óscar Villán.

Todas as obras son orixinais e utilizan técnica manual.

Este é un proxecto da Fundación Rosalía que foi iniciado en 2004, cunha exposición e un libro, comisariados por Fausto. En 2026 recuperámolo engadindo dez autores e autoras novas.

A mostra itinerará por diferentes cidades e vilas de Galicia: 

Do 5 de maio ao 15 de xuño: VIGO (sala Rosalía de Castro da Sede da Deputación – Rúa Eduardo Chao, 17)


Apoian: Xunta de Galicia + Parlamento de Galicia