Rosalía en Camiño 2026

Rosalía en Camiño 2026

COORDINA: CHUS PATO

Programa

 

Mércores 6 de maio – Padrón, Casa de Rosalía

19.00. Miren Agur Meabe e Xurxo Mariño conversan e recitan. Modera Daniel Salgado.

20.00. Recital de Sara Torres, Tiago Alves Costa, Yolanda Castaño, Xurxo Mariño, Miren Agur Meabe e Erín Moure

Xoves 7 de maio – Santiago de Compostela, Xardín das Pedras que Falan*

19.00. Tiago Alves Costa e Yolanda Castaño conversan e recitan. Modera Daniel Salgado.

20.00. Sara Torres e Erín Moure conversan e recitan. Modera Daniel Salgado.

Venres 8 de maio – Santiago de Compostela, Xardín das Pedras que Falan*

19.00. Recital de Sara Torres, Tiago Alves Costa, Yolanda Castaño, Xurxo Mariño, Miren Agur Meabe e Erín Moure

20.00. Espectáculo poético-musical “Poemas da luz”, con Melania Cruz, Benxamín Otero e o Grupo de Cámara do Conservatorio de Lalín

 

[ENTRADA LIBRE ata completar capacidade]

*Se chovese, celebraríase no Salón Nobre de Fonseca

 


 

En cada acto estará dispoñible a publicación ‘Rosalía en Camiño 2026’ con poemas de cada autor, que inclúe unha poesía en diálogo con Rosalía de Castro.

Patrocina:

Xunta de Galicia

Colaboran :

Universidade de Santiago de Compostela e Concello de Santiago


 

Poetas participantes

 

Sara Torres

Sara Torres (Xixón, 1991) é unha das máis destacadas escritoras españolas da actualidade. Poeta, narradora e ensaísta, os seus últimos traballos falan da teoría queer, a tenrura e o desexo: ‘La seducción’ (Reservoir Books, 2024; ‘La potencia afectiva, Deseo, cuerpo y emociones’ (Txalaparta, 2025) e ‘El pensamiento erótico’ (Reservoir Books, 2026). En 2014 gañou o Premio Gloria Fuertes de poesía moza.

 

Tiago Alves Costa

Tiago Alves Costa (Vila Nova de Famalicao, 1980) é poeta, escritor, editor e profesor. A súa obra cruza poesía, prosa e teatro, traballando temas como a precariedade, a aceleración da vida contemporánea e as consecuencias emocionais e linguísticas do capitalismo tardío. É profesor asociado na BAU, Centre Universitari d’Arts i Disseny de Barcelona, onde vive e investiga as interseccións entre literatura, deseño e publicidade. Fundou a revista dixital Quiasmo (Artes, Letras e Ciência) e dirixe a Quiasmo Edições. Venceu o Certame de Narración Breve Manuel Murguía co conto “A Porta do Reconhecimento”. Em 2026 publicará ‘Deus ainda usa o Windows 10’, o seu cuarto libro de poesía.

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) é unha poeta, xestora cultural e comunicadora. Acadou o Premio Nacional de Poesía de España, o Ramón Piñeiro de Ensaio e os principais galardóns poéticos en Galicia: desde o da Crítica ao González Garcés, seguido do Afundación ou o Johán Carballeira.

 

 

Xurxo Mariño

Xurxo Mariño (Lugo, 1969) é doutor en Bioloxía, doutor en Neurofisioloxía, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico. Ten publicado varios libros de divulgación da ciencia, e acadou varios premios en diversos eidos: Premio Especial do Xurado do Certame FECYT de Comunicación Científica, o Premio Tesla de Divulgación e o Lois Peña Novo, entre outros.

 

 

Miren Agur Meabe

Miren Agur Meabe (Lekeitio, 1962) é unha escritora vasca, que acadou a nivel estatal o Premio da Crítica en 2001 e 2011 e o Nacional de Poesía en 2021 por ‘Cómo guardar ceniza en el pecho’, escrito orixinalmente en euskera. Alén de poeta tamén ten unha prosa relevante, novelas e contos publicados, e é autora dunha extensa obra infantil e xuvenil. Tamén se dedica á tradución e é membro de número da Euskaltzaindia, a academia vasca da lingua.

 

Erín Moure

Erín Moure (Calgary, Canadá, 1955) é unha escritora e tradutora canadiana de orixes parcialmente galegas. Con ampla obra escrita en inglés, ten publicado tamén en galego obra orixinal e traducida (‘O Cidadán’, ‘Teatriños ou aturuxos calados’, ‘O Cadoiro’ e ‘O Resplandor’). Traduciu ao inglés a Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez.