Expo Rosalía Ilustrada en Vigo

Lugar:

Sala de exposicións Rosalía de Castro da Sede da Deputación en Vigo (R/ Eduardo Chao, 17)

A exposición Rosalía Ilustrada inaugúrase en Vigo na Sala de exposicións Rosalía de Castro da Sede da Deputación en Vigo (R/ Eduardo Chao, 17) o 5 de maio ás 12.30 horas. Estará nesta ubicación ata o 15 de xuño. 

Trátase dunha mostra na que  35 artistas galegos interpretan graficamente un texto de Rosalía. 

Eles son: Carlos Arrojo, O Bichero (Luís Davila), Manel Cráneo, Elga Fernández Lamas, Bea Gregores, Leandro Lamas, Bea Lema, Iria Ribadomar, Álvaro de la Vega, Andrea de Toba, Fran Bueno, Pepe Carreiro, Xosé Cobas, Suso Cubeiro, Fausto, Federico Fernández Alonso, Norberto Fernández, Jacobo Fernández, Anxeles Ferrer, Raquel González, Nacho Hortas, Fernando Iglesias, Fran Jaraba, Xan López Domínguez, Fino Lorenzo, Primitivo Marcos, Xaquín Marín, Andrés Meixide, Pablo Otero Peixe, Miguelanxo Prado, María Fe Quesada, Miguel Robledo,  Kiko da Silva, Manuel Uhía e Óscar Villán.