XII Certame Poético Rosalía de Castro
Setembro
25
Lugar:
Concello de Padrón
Anótao en
Vén de convocarse a duodécima edición do CERTAME POÉTICO ROSALÍA DE CASTRO que organiza o Concello de Padrón en colaboración con esta fundación, cuxo prazo de presentación remata o 25 de setembro de 2026.
Poderán optar ao premio todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en lingua galega non premiadas noutros concursos. O premio é de 1.500 euros, alén dun diploma acreditativo.
A obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. O tema das obras será de libre elección así como a forma poética escollida. As obras terán unha extensión mínima de 400 versos.
