Proxectos

  • SÁBADO 13 DE XULLO  19.00. Visita teatralizada con Os Quinquilláns 20.00 Recital poético multilingüe co Colectivo de Poetas en Bruxelas e un grupo representativo da poesía galega actual. Participarán os escritores Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño.  21.00. […]

  • Xoves 11 de xullo Rosalía e o Camiño en Compostela, con Curros Enríquez 18.00 Recital no Panteón de Galegos Ilustres coa Fundación Curros Enríquez. Participan: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto e Xavier Queipo. 19.30 Presentación de Minutos para medianoite, de Ramón Neto e Xavier […]

  • VENRES 13 DE XULLO  Quero ver o mar, CARRIL 13.30. Inaugúrase a exposición ‘Rosalía e o Carril’ (Museo do Ferrocarril) 21.30. Lectura de poemas, dramatización ‘Quero ver o mar’ e recreación da viaxe en lancha de Rosalía desde a praia á estación (Praia da Covacha) 22.30. Actuación musical de NAJLA SHAMI   SÁBADO 14 DE XULLO […]

  • En decembro de 2012 comezaron as obras de acondicionamento interior e exterior da Casa-Museo Rosalía de Castro e logo acometemos a reforma da musealización, da que só queda pendente o primeiro andar. Aquí contámoscho todo.

  • A Fundación Rosalía está a levar a cabo a modernización da institución e da propia Casa-Museo. Velaquí o que estamos a facer…

  • No 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’, a Fundación Barrié de Vigo acolleu unha exposición titulada ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ e comisariada por Pepe Barro.

  • Iniciativa conxunta coa Universidade de Vigo para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos de ‘Cantares gallegos': “Airiños, airiños aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”. Xa conseguimos facelo a máis de 30 linguas, pero seguimos abertos/as a conseguir máis. Estás interesada/o en traducir a algún outro idioma?

  • En 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’ por Rosalía de Castro. Desde a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo organizamos distintos actos para conmemorar a efeméride desta obra única que deu comezo ao ‘Rexurdimento’ da literatura e da cultura galega.

Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro 2013