Open Museums

Open Museums

A Fundación Rosalía liderou este proxecto europeo de formación na transformación dixital para museos. Traballou neste tema canda outros socios de Italia, Países Baixos, Grecia e Galicia. Trátase dun proxecto de formación en dixitalización para o persoal de museos de Europa.

A Fundación Rosalía de Castro participou no proxecto europeo de formación ‘Open Museums. European Museums stay open through digital technologies’ (Museos Abertos. Os museos europeos mantéñense abertos a través das tecnoloxías dixitais) que liderou, en colaboración con socios de Italia (Insieme per Camminare, Países Baixos (Atermon), Grecia (IDEC e Laografiki Etaireia Varnava) e Galicia (EidosD). Trátase do primeiro proxecto europeo no que participa esta institución.

Este proxecto, que forma parte do programa Erasmus Plus de formación, ten como obxectivo actualizar os coñecementos e competencias dixitais dos traballadores dos museos europeos, alén de promover o acceso dixital aos museos, preservar o patrimonio cultural que gardan e contribuír a mellorar a súa comunicación dixital e financiamento nesta nova normalidade. 

Este proxecto, que se desenvolveu desde marzo de 2021 ata finais de 2022, elaborou unha Guía de Competencias que inclúe os coñecementos necesarios para crear visitas virtuais, dotarse dunha política de comunicación dixital e desenvolver tendas virtuais de museo. Ademais, creou un curso en liña que lle permitirá aos profesionais e interesadas aprender a crear estas ferramentas a través de módulos prácticos e inclusivos, con casos reais e exercicios prácticos.

O proxecto incluiu tamén un evento formativo para os socios en Rossano (Italia) e eventos abertos ao público en Padrón, Rossano (Italia), Varnavas e Pireo (Grecia) e Rotterdam (Países Baixos). Tamén colaboraron outros museos literarios galegos como a Fundación Uxío Novoneyra.

Poden obter máis información na web do proxecto Open Museums. 

________________________________________________________

Os resultados do proxecto xa están publicados na web: