Desde onte temos novos integrantes do plenario do Padroado da Fundación. Tanto Fontoira como Lorenzo Baleirón xa colaboraran con esta institución en diferentes publicacións e agora intégranse no seu principal órgano.

Lidia Fontoira Suris foi profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e é experta en temas rosalianos. Ten publicado varios estudos acerca de ‘Cantares gallegos’ e ‘Follas novas’ en obras colectivas.

Manuel Lorenzo Baleirón é licenciado en Filosofía e en Historia da Arte e foi mestre de secundaria. Gañou o premio Xerais en 2012 por ‘Tonas de laranxa’ escrito a catro mans xunto coa súa filla María Lorenzo Miguéns. É especialista en historia e na arte da Terra de Iria. Ten publicado os ensaios ‘Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía’ (2013, publicado por esta fundación) e ‘Toponinia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga’ (2011, Concello de Dodro). Foi editor de ‘Gramática do silencio. Obra poética’ de Eusebio Lorenzo Baleirón (Espiral Maior, 1996).

Alén destas incorporacións, a Fundación apoiou oficialmente a candidatura de Xosé Luís Méndez Ferrín ao Nobel de Literatura que promove o Pen Club Galicia.

Share