A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer os gañadores das tres categorías do III Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado.  O e as afortunadas foron: Daniel Souto (Brión), Marieta Orol (Lugo) e Marisol Mejuto (Oleiros)

Esta mañá reuniuse o xurado, formado polo editor Manuel Bragado, a poeta Elvira Ribeiro e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.

Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:

Categoría 1º ciclo da ESO

  • Gañador: Daniel Souto Pazó, IES Brión, con “Só”
  • 1º áccesit: Andrea Sanjurjo Martínez, IES Pobra do Caramiñal, con “Sumida no meu propio labirinto”
  • 2º áccesit: José Manuel Flores Fandiño, IES Ribeira do Louro, Porriño, con “Constantes e variables”

Categoría 2º ciclo da ESO

  • Gañadora: Marieta Orol Chao, Colexio Galán, Lugo, con “Masacre a Cupido”
  • 1º áccesit: Fabián Niño Hernández, IES Fontán Albei (A Fonsagrada), con “Silencio”
  • 2º áccesit: Alberto Vidal Bernedo, Colexio Vigo, con “Beleza esquecida”

Categoría Bacharelato

  • Gañadora: Marisol Mejuto Prego (Oleiros), Colexio Maristas da Coruña, con “Formación do plural”
  • 1º áccesit: Marina Ruiz Puy, Colexio Peleteiro (Santiago de Compostela), con “Secuencias de fraxilidade”
  • 2º áccesit: Regina Touceda Rey, IES Aquis Celenis (Cuntis), con “Entre tempos”

En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.

Os premios serán entregados o venres día 10 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 18h.

 

Share