Rosalía en Camiño 2025

Rosalía en Camiño 2025

COORDINA: CHUS PATO

 

Programa

 

Mércores 7 de maio – Padrón, Casa de Rosalía

19.00. “Unha pradeira na que se reflicte o Edén”: Oriana Méndez e Juan Andrés García Román conversan e recitan. Modera: Nieves Neira.

20.00. Recital de Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Oliver Laxe, Castillo SuarezMaria Sevilla e Juan Andrés García Román.

Xoves 8 de maio – Santiago de Compostela, Claustro do Museo do Pobo

18.30. “Bilabial, rótica, ditongo para a fin dos días”: Oliver Laxe e Maria Sevilla conversan e recitan. Modera: Nieves Neira.

19.30. “O pracer non se econtra nunca na casa: Elkar/Alaska”: Gonzalo Hermo e Castillo Suarez conversan e recitan. Modera: Nieves Neira.

Venres 9 de maio – Santiago de Compostela, Auditorio do Museo do Pobo

18.30. Recital de Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Oliver Laxe, Castillo SuarezMaria Sevilla e Juan García Andrés Román.

19.30. Actuación de aTorna (Gutier Álvarez + Adrià Grandia + Gabi Reboredo), un proxecto experimental que revisita a música de tradición oral e o baile tradicional galego a través da música electrónica.

 

[ENTRADA LIBRE ata completar capacidade]

 


 

En cada acto estará dispoñible a publicación ‘Rosalía en Camiño 2025’ con poemas de cada autor, que inclúe unha poesía en diálogo con Rosalía de Castro. Podes descargalo nesta ligazón [PDF, 1.5MB].

Patrocina:

Xunta de Galicia

Colaboran :

Museo do Pobo Galego e Concello de Santiago


 

Poetas participantes

 

Maria Sevilla

Maria Sevilla Paris (Badalona, 1990) publicou catro poemarios e unha plaquette: Dents de polpa (2015), Kalàixnikov (2017), if true: false; else: true (2020), Plastilina (2021) e La nit ovípara (2024). En 2024 tamén publicou o seu primeiro ensaio, No desitjaràs els béns del proïsme. Experimentou coa poesía sonora e o videorecital, recitando en festivais de todo o mundo, e desde 2019 é unha das programadoras de Horiginal, un espazo de eventos poéticos. 

Sevilla é ademais investigadora e profesora asociada de Lingua e Literatura Catalá na Universitat de Barcelona.

 

Gonzalo Hermo

Gonzalo Hermo González (Rianxo, 1987) foi recoñecido, entre outros, co Premio da Asociación da Crítica Galega, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Moza «Miguel Hernández» ou o XXII Premio de Poesía Miguel González Garcés. Publicou Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014) e A vida salvaxe (Pen Club Galicia, 2018). É autor da novela Diario dun enterro (Galaxia, 2019), Premio de Narrativa Breve Repsol. Un xesto de tenrura é o seu máis recente traballo poético. 

É doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor na Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente traballa como docente de ensino medio en Cataluña. 

 

Oriana Méndez

Oriana Méndez Fuentes (Vigo, 1984) publicou os libros de poesía Derradeiras conversas co capitán Kraft (Galaxia, 2007), Cero (Galaxia, 2011), O que precede a caída é branco (Premio de Poesía do Concello de Carral, 2015), O corazón pronúnciase extenso (Premio de Poesía Rosalía de Castro, 2019), Interna (Premio de Poesía Afundación, 2020) e chairas sucesións (2023). Outrosí, os seus textos recóllense en antoloxías e revistas en castelán, portugués, inglés e francés. Ademais, ten traducido do francés a Marguerite Duras e Arthur Rimbaud, xunto con Tamara Andrés, o que lles valeu o Premio Plácido Castro de Tradución.

É profesora de ensino medio.

 

Oliver Laxe

Oliver Laxe Coro (París, 1982) é un destacado cineasta galego-francés, alén de guionista e actor ocasional. A poética presente nas súas imaxes convertiuno no primeiro non-poeta stricto sensu que participa no Rosalía en Camiño. As súas tres primeiras longametraxes son estreadas e premiadas no Festival de Cannes. A última delas, O que arde (Premio do Xurado da sección “Un certain Regard”) foi o primeiro filme en galego proxectado en Cannes. Tamén dirixe o centro de desenvolvemento rural Casa Quindós, na aldea ancaresa onde filmou esta fita. Está a piques de estrear Sirât.

 

Juan Andrés García Román

Juan Andrés García Román (Granada, 1979) é escritor, tradutor e profesor de literatura e escritura creativa. Publicou os poemarios El fósforo astillado (DVD Ediciones, 2008), La adoración (DVD Ediciones, 2011), Fruta para el pajarillo de la superstición (Pre-Textos, 2016), Poesía Fantástica (2007-2019): Resumen primero (Pre-Textos, 2020) e Neorromanticismo (Ultramarinos, 2023). A súa obra foi verquida ao inglés, ao italiano e ao alemán. Traduciu a H.P. Lovecraft e a R.M. Rilke, alén dunha selección de poetas do Romanticismo alemán. 

 

Castillo Suarez

Castillo Suarez Garcia (Alsasua, 1976) é unha escritora vasco-navarra, académica correspondente da Euskaltzaindia. Nos últimos anos, alén de varios volumes de literatura infantil e artigos de opinión, publicou os poemarios  Irautera (Elkar, 2019) e Alaska (Elkar, 2023) traducidos ambos os dous ao galego, o primero como Permanencia (Laiovento, 2021) e o segundo, baixo o mesmo título, que se publicará proximamente.

É licenciada en filoloxía vasca e traballa como técnida de euskara na administración local.