Abride a Fiestra 2025

O domingo 13 de xullo na Casa de Rosalía celebraremos o Festival Abride a Fiestra 2025 – Xornada de portas abertas. A entrada é libre e gratuíta agás nas actividades que se indiquen. Tamén haberá feira rosaliana, xogos tradicionais, e Rosalía e Murguía a pasear polo Xardín.
PROGRAMA
11:00h. Visita guiada polo Xardín de Rosalía da man de Miguel Lois
11:45h. Pilar García Negro e Carme F. Pérez-Sanjulián conversan arredor de ‘Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos’, xunto a directora do servizo de Publicacións da UDC, Inma Doval
12:00h. Actuación de Paco Nogueiras [NENOS E NENAS]
12:00h. Visita guiada pola Casa da man de Manuel L. Baleirón [1€]
12.00h. Gloria Pavía toca o Piano de Rosalía (*só un tema)
12:30h. Conversa entre a xornalista Ana G. Liste e Berta Dávila, que presenta ‘A ferida imaxinaria’
13:00h. Concerto Paco&Lola de Gloria Pavía & Rafa Morales
13:00h. Escape-room pola Casa da man de Rita Bugallo [NENOS E NENAS: 7-11 anos]
14:00h. Cata de viños da man de Paco&Lola [8€ xeral – 5€ Amigos da Casa de Rosalía]
14:30h. Maruxa e Coralia Dilleis
XANTAR NA HORTA DE ROSALÍA
[haberá un posto de restauración tradicional,
mais tamén podes traer a comida da casa]
17:00h. Obradoiro de creación libre de obxectos sonoros con materiais naturais (Miudiño) [NENOS E NENAS]
17:00h. Presentación do número 9 da revista de estudos rosalianos Follas Novas, co seu director, Xosé Luís Axeitos
17:30h. Visita guiada pola Casa da man de Carme F. Pérez-Sanjulián [1€]
18:00h. Mercedes Peón, Ana Fernández, Ana Romaní, Susana Aríns e Andrea Nunes conversan arredor do proxecto “Somos pandereteiras”
18:30h. Visita guiada pola Casa da man de Pilar García Negro [1€]
19:00h. Concerto de Canto d’Aqui
19.30h. De Ninghures tocan o Piano de Rosalía (*dous temas)
20:00h. Actuación de Carlos Blanco
21:00h. Concerto de De Ninghures
23:00h. Observación astronómica da estrela Rosalía con Xabier P. Couto [mellor con prismáticos]
VER PLANO DE APARCAMENTOS
FACENDO CLIC NA IMAXE