Abride a Fiestra 2023
Festival-xornada de portas abertas na Casa de Rosalía con feira de produtos rosalianos, un espazo de xogos tradicionais, e un pianista residente ao Piano de Rosalía: Suso Alonso (desde as 19h. Martiño Rivo).
[ENTRADA LIBRE]
11.00 Visita guiada pola Horta de Rosalía da man de Miguel Lois, enxeñeiro técnico forestal e paisaxista, presidente da A.C. Os Penoucos e xestor de contidos de OBaixoUlla.gal
11.30 Os expertos murguianos Xosé Luís Axeitos e Henrique Rabuñal conversan sobre “O Centenario de Murguía”
12.00 Actuación de ANTÓN REIXA: “Concerto desconcerto”
12.00 Visita guiada pola Casa da man de Rita Bugallo [público familiar], profesora
12.30 Presentación do libro ’Airiños. 90 anos de teatro do pobo’, de Teatro Airiños
13.00 Actuación de ALDAOLADO (poesía, música, humor)
13.30 Conversa entre a xornalista cultural Belén López e Moncha Fuentes, sobre o seu libro ‘O tradutor de sombras’
14.00 Cata de viños con Paco & Lola, da man do enólogo Cayetano Otero
XANTAR NA HORTA DE ROSALÍA
17.00 Obradoiro de xogos sonoros con Cé Orquestra Pantasma [público infantil]
17.30 Visita guiada pola Casa da man de Manuel Lorenzo Baleirón, escritor e profesor
18.00 Actuación musical de Cé Orquestra Pantasma [público infantil]
18.00 Conversa entre a xornalista cultural Belén López e Olga Novo, Premio Nacional de Poesía por ‘Feliz Idade’
18.30 Visita guiada pola Casa da man de Carme Pérez-Sanjulián, profesora da UDC
19.00 Acto institucional do 138 aniversario do pasamento de Rosalía. Entrega da Rosa de Galicia á familia de Octavio San Martín. Con actuación do Cuarteto de Clarinetes da Banda de Padrón.
20.00 Actuación de XURXO SOUTO: “Cantos das Mulleres do Mar: A Cantiga da Conserva”
21.00 Concerto de XISCO FEIJOO
23.15 Observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío [recoméndase traer prismáticos]
[Descargar Catálogo do festival aquí]
Apoian:
– Deputación da Coruña
– Concello de Padrón
– Parlamento de Galicia
– Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
– Adega Paco&Lola
– GADIS