Día de Rosalía 2025
Febreiro
23
Lugar:
Padrón / Santiago
Anótao en
LE A SÚA OBRA – TOMA UN CALDO DE GLORIA – PARTICIPA NA ALBORADA DE ROSALÍA
Ademais, estes son os eventos que organizamos o 23 de febreiro de 2025:
Santiago
- 10.00. Acto público, Alborada cos Carapaus e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago.
- 11.00. Acto institucional no Panteón de Galegos Ilustres (mosteiro de Bonaval). Con lectura de poemas rosalianos e música cos Carapaus e ANTÍA MUÍÑO. Degustación do Caldo de Gloria posterior.
Padrón
- 13.30 Cabezudos polo centro da vila e degustación de Caldo de Gloria polos locais hostaleiros de Padrón.
- 18.00. Estatua de Rosalía no Espolón: ofrenda floral.
Casa de Rosalía
- 19.00 Degustación de Caldo de Gloria na Casa de Rosalía con Alberto Carou, cociñeiro do Curral do Marqués (Rianxo).
- 20.00 Concerto no auditorio da Casa de Rosalía: ANTÍA MUÍÑO