A Casa-Museo, pechada desde o domingo 13 de outubro ata o 17 de decembro
A Casa de Rosalía pecha desde o domingo 13 ata o 17 de decembro por mor da segunda fase das obras de acondicionamento, nas que se está a acometer a mellora do primeiro andar da Casa-Museo.
Descuberto un exemplar de ‘Cantares’ cunha foto inédita, un poema autógrafo e unha carta de Fernán Caballero
Este exemplar extraordinario foi adquirido recentemente pola Fundación Rosalía a un particular da zona de Vigo e financiado pola Fundación Barrié.
Xa hai gañadoras do Concurso Escolar de Poesía
As gañadoras son: Fátima Barros (Moraña), Marcela Porto (A Estrada) e María Vilas (Rois). Os premios serán entregados o vindeiro sábado na Casa-Museo de Rosalía en Padrón.
O retrato de Portela que mudou a imaxe de Rosalía
Por fin sabemos onde, cando e quen realizou un dos retratos máis coñecidos da nosa poeta. Lois Rodríguez, o autor do achado, valora a importancia da imaxe e recrea de xeito libre o proceso de construción da mesma.
Inaugúrase ‘No principio foi o verso: Rosalía de Castro’
Esta mostra repasa a historia de ‘Cantares gallegos’, do que significou e do papel de Vigo no Rexurdimento.
Concurso escolar de poesía “Rosalía de Castro”
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés convocan un concurso de poesía para o alumnado de Secundaria e de Bacharelato.
Rosalía traducida ás linguas do mundo
A Fundación Rosalía e a Universidade de Vigo presentaron ‘Rosalía é Mundial’, un proxecto para traducir a Rosalía ás linguas do mundo.
A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio
A mostra, comisariada por Pepe Barro, estará na sede da Fundación Barrié en Vigo do 15 de maio ao 15 de agosto.
Reapertura ao público da Casa de Rosalía
A Casa-Museo de Rosalía reabre o sábado 16 de marzo as súas portas ao público. Ademais, o presidente da Fundación, Anxo Angueira, asinou dous convenios coa Xunta por valor de 60.000 euros para actividades culturais.
70 Alboradas por todo o país e o acto nacional na Matanza
O Día de Rosalía celébrase con 70 alboradas por todo o país e cun acto nacional en Padrón.
Comezan os actos dos 150 anos de ‘Cantares’
A Fundación Rosalía, a Real Academia e a Universidade de Vigo presentaron en rolda de prensa os primeiros actos do 150 aniversario de Cantares Gallegos.
Obras de mellora na Casa-Museo
A comezos de decembro comezaron as obras de mellora e acondicionamento da Casa-Museo de Rosalía de Castro. Trátase da primeira fase das obras, que supoñen o peche ao público desde o día 3 de decembro até finais de febreiro de 2013.