Lista de gañadores do II Concurso Escolar de Poesía

Lista de gañadores do II Concurso Escolar de Poesía

Os gañadores e gañadoras son: Andrés Fernández (Lugo), Laura Espiño (A Estrada) e Paula Antía Rey (Padrón). Os premios serán entregados o venres día 20 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón.

Novo busto de Rosalía na horta da Casa da Matanza

Novo busto de Rosalía na horta da Casa da Matanza

A Fundación Rosalía inaugura un busto da poeta na horta da Casa da Matanza dentro dos actos do Día das Letras. Trátase dunha peza de bronce realizada pola escultora Cuqui Piñeiro. Ademais, o día 17 haberá un acto institucional xunto co Concello de Padrón, que inclúe unha conferencia sobre Díaz Castro a cargo de Lorenzo Baleirón e a actuación musical de Alba María.

A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía

A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía

A Fundación Rosalía de Castro vén de presentar o cadro de Ovidio Murguía que vén de adquirir á familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo e que encherá un baleiro no programa expositivo da Casa-Museo, que non dispuña de ningunha peza importante do fillo pintor de Rosalía e Manuel Murguía. A peza será restaurada no Museo de Belas Artes da Coruña.

A Fundación editará ‘De Cantares Hoxe’ xunto coa Radio Galega

A Fundación editará ‘De Cantares Hoxe’ xunto coa Radio Galega

A Fundación Rosalía e a Radio Galega conmemoran o Día de Rosalía (24 de febreiro) cun programa especial do Diario Cultural na Casa-Museo ás 19h. Ademais, Anxo Angueira e o alcalde de Santiago realizarán unha ofrenda floral a Rosalía na estatua da Alameda. A Fundación tamén promove a acción nas redes sociais #euRosalía, que anima a facer un ‘selfie’ con calquera motivo relacionado con Rosalía.