
Tres novos cadros de Ovidio e un guecho de cabelo de Rosalía para a Casa-Museo
A Deputación da Coruña entrega á Fundación Rosalía de Castro tres obras de Ovidio Murguía e un crecho de cabelo da escritora. Estas pezas incorporaranse á nova museoloxía que se inaugurará o vindeiro 15 de xullo, 45 anos despois de que se abrise a casa en 1972.

Gañadores do V Concurso Escolar de Poesía
Xa temos novos gañadores da quinta edición deste concurso escolar de poesía…

Pedrón de Ouro para a Fundación Rosalía
A Fundación Pedrón de Ouro concedeulle un dos seus premios á Fundación Rosalía de Castro que “historicamente foi un refuxio da actividade cultural galeguista”.

A nova revista de estudos rosalianos, Follas Novas, xa na rúa
Estamos a presentar por todo o país a nova revista anual de estudos rosalianos, Follas Novas, editada por esta institución e que dirixe o filólogo e académico Xosé Luís Axeitos.

Todo sobre María Cardarelly
Vimos de publicar un novo artigo que achega luz á vida de María Cardarelly, pioneira na fotografía en Galicia e autora de varios retratos de Rosalía.

Chus Pato, novo membro do Padroado
A Fundación Rosalía de Castro celebrou na tarde do 24 de novembro un novo plenario do seu Padroado, no que se aprobou a entrada dun novo membro en substitución de Luz Pozo Garza, que demitiu por razóns de saúde.

A Cidade da Cultura cede á Casa-Museo a recreación dun vestido de Rosalía
A Casa de Rosalía exhibirá, ao termo da exposición ‘Con-fío en Galicia’, a recreación dun traxe da poeta realizado pola deseñadora Carme Pichel a partir dunha fotografía.

A Deputación da Coruña, comprometida co remate das obras na Casa-Museo
A Deputación da Coruña financiará o remate do novo proxecto museolóxico da Casa-Museo de Rosalía. Esta institución achegará máis de 33.000 euros (80% do total), que permitirán facer as obras necesarias no primeiro andar e reinaugurar a Casa a comezos do ano vindeiro.

O piano da familia Castro-Murguía, xa na Casa-Museo
O piano da familia Castro-Murguía vén de ser cedido pola Coral Follas Novas da Coruña á Fundación Rosalía, logo de ser restaurado. Ademais, recibimos xa na Casa o cadro ‘Árbore de montaña’ de Ovidio Murguía.
Padrón, 1 de xullo de 2016.

Restaurado o cadro de Ovidio Murguía
O Museo de Belas Artes da Coruña vén de rematar de restaurar o cadro de Ovidio Murguía que adquiriu en 2014 a Fundación Rosalía. Nuns días estará xa na Casa da Matanza.

Gañadores do IV Concurso Escolar de Poesía
Velaquí todos os gañadores e gañadoras deste concurso organizado xunto con El Corte Inglés.

O Arquivo Baltar depositarase na Casa de Rosalía
A familia Baltar deposita o seu valioso arquivo na Casa de Rosalía. Trátase do fondo documental de Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló, un arquivo de primeira magnitude que regresa a Galicia e a Padrón.