Relicario de Rosalía

Relicario de Rosalía

Guecho de cabelo de Rosalía

Papel onde estivo envolto, con debuxos de Ovidio Murguía

Flor do ramo mortuorio

Un anaco da mortalla

En xullo de 2017 a Deputación da Coruña entregou un guecho de cabelo de Rosalía que ficaba en depósito da institución con orixe no legado da familia de Juan Naya, bibliotecario da Real Academia Galega que está na orixe de boa parte das pezas relacionadas con Rosalía de Castro que se custodiaban no Pazo de Mariñán. 

Ademais do guecho inclúese o papel onde estivo envolto, con debuxos de Ovidio; e a flor do ramo mortuorio e un anaco da súa mortalla. 

O 25 de maio de 1891 trasládanse os seus restos mortais desde o Cemiterio de Adina en Padrón ao Panteón de Galegos Ilustres en Compostela, cando a súa filla Alejandra recolleu estas lembranzas de súa nai.