Ombú da Casa de Rosalía

Ombú da Casa de Rosalía

Desde a súa plantación en 1971, á vista da biometría corporal, o ombú, ou árbore da bela sombra, desenvolveu un porte sensacional

Phytolacca dioica L. (S. Brasil, Paraguai, Uruguai, N. Arxentina)

Árbore Monumental. Plantada no ano 1971. Doazón da Casa de Galicia de Bos Aires.

Desde a súa plantación en 1971, á vista da biometría corporal, o ombú, ou árbore da bela sombra, desenvolveu un porte sensacional

Árbore maxestuosa e de porte admirable que forma parte dunha colección de árbores americanos (árbore do coral, ombú, chorisia e xacarandá, estas dúas últimas desapareceron por falta de adaptación ambiental), procedentes de Bos Aires, traídos en estado de plántulas, no ano 1971 pola Casa de Galicia con motivo da inauguración oficial da Casa-Museo.