Eritrina da Casa de Rosalía (ou árbore do coral)

Erythrina crista-galli L. (Brasil)
Árbore monumental. Plantada no ano 1971. Doazón da Casa de Galicia de Bos Aires.
Forma parte da colección de árbores suramericanas -eritrina, ombú, chorisa e xacarandá (estas dúas últimas non se adaptaron ao terreo)-, procedentes de Bos Aires, traídas en estado de chanteiros pola Casa de Galicia. Individuo de levado talle e gran volume copal que conforman unha espléndida figura de formato aparasolado. A comezos do verán enche a copa de vistosas ponliñas de flores con forma de bolboreta, dunha intensa cor vermella coralina.
Outra imaxe da eritrina da Casa de Rosalía
Ano 1986. Eritrina ou árbore do coral, regado por Maruxa Villanueva
Flor da eritrina