Emparrado do Ceador

A parra recuperou o seu viñedo, con pés de viño catalán e de viño albariño nos últimos anos
Vitis vinífera L. (Europa, Asia Menor)
Formación memorable. Nos tempos de Rosalía, lugar de descanso familiar e fonte de inspiración literaria.
A parra recuperou o seu viñedo, con pés de viño catalán e de viño albariño nos últimos anos
Formación vexetal constituída por oito vides que arrincan e se aplican contra outras tantas pilastras compoñentes do cenador. Son pés xuvenís, de viño catalán, plantados na primeira metade da década actual, para substituír e darlle continuidade ao emparrado antigo, cuxa presenza na finca se remonta a tempos remotos. Desde 2013 conviven con chanteiros de albariño, que serán os que finalmente formen o emparrado, en detrimento do viñedo catalán, lembrando o famoso poema de ‘Follas novas’:
Ou miña parra de albariñas uvas,
que a túa sombra me dás!
Ou ti, sabugo de froriñas brancas,
que curas todo mal!
Ou ti, en fin, miña horta tan querida
e meus verdes nabals,
xa non vos deixo, que as angustias negras
lonxe de min se irán!