Camelia do patio da Casa de Rosalía

Camelia do patio da Casa de Rosalía

Camelia do patio da Casa de Rosalía, desde a súa plantación compañeira de fatigas da emblemática figueira, formando un binomio memorable

Camellia japonica L. (Xapón, Taiwan, Corea)

Árbore memorable. Exemplar de maior porte, veteranía e beleza da prezada colección de camelias. 

Camelia do patio da Casa de Rosalía, desde a súa plantación compañeira de fatigas da emblemática figueira, formando un binomio memorable

A embaixadora do cuantioso colectivo camelícola que acolle o xardín da Casa de Rosalía, diferenciándose do resto pola súa maior dendometría (circunferencia de fuste e altura de porte), pola honra de vivir á beira da figueira monumental e por ser testemuña de innumerables eventos rosalianos. Traída a comezos da década dos 50.