A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer os gañadores das tres categorías do V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado.  Os e as afortunadas foron: Violeta González (A Laracha), Fabián Niño (A Fonsagrada) e Miguel Díaz-Cacho (Vigo).

Esta mañá reuniuse o xurado, formado pola investigadora María López Sández, a escritora Elvira Ribeiro e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, que actuou como secretario.

Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:

Categoría 1º ciclo da ESO

  • Gañadora: Violeta González, IES Agra de Leborís, A Laracha
  • 1º áccesit: Andrea Sanjurjo, IES Pobra do Caramiñal
  • 2º áccesit: Valeria Baleirón, IES Porto do Son

 

Categoría 2º ciclo da ESO

  • Gañador: Fabián Niño, IES Fotem Albei, A Fonsagrada
  • 1º áccesit: Carla Outerelo, Colexio Santiago Apóstol, Ponteareas
  • 2º áccesit: Elisa Viz Lemos, IES Ames

 

Categoría Bacharelato

  • Gañador: Miguel Díaz-Cacho, Compañía de María, Vigo
  • 1º áccesit: Sergio Abalo, IES Aquis Celenis, Caldas de Reis
  • 2º áccesit: Andrea Insua, IES Terra de Xallas, Santa Comba

 

En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.

Os premios serán entregados o venres día 9 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 19h, onde os premiados e premiadas recitarán os seus poemas e actuará o Grupo de Música Tradicional de AGADIC.

Share