![Rosalía en Camiño 2021](/wp-content/uploads/2021/07/CapaRosaliaEnCaminho-495x700.jpg)
Rosalía en Camiño 2021
Publicación da segunda edición dos Diálogos Literarios Multilingües, Rosalía en Camiño, na que os poetas e as poetas participantes achéganos algúns textos de traballos anteriores e outros creados expresamente para a ocasión, nos que dialogan con poemas, imaxes ou conceptos rosalianos
![María Cardarelly, un lostrego na fotografía galega](/wp-content/uploads/2019/10/Maria-Cardarelly-Un-lostrego-na-fotografia-galega.jpg)
María Cardarelly, un lostrego na fotografía galega
O fotohistoriador Carlos Castelao publica un artigo sobre a importancia de María Cardarelly dentro do mundo da fotografía en Galicia, unha das primeiras fotógrafas en España. A súa dedicación foi fugaz, mais ficou gravada xa por sempre na memoria colectiva a través de Rosalía, precisamente ao contribuír dun xeito terreal á súa imaxe inmortal.
![Unha primeira edición de ‘Cantares gallegos’ con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía](/wp-content/uploads/2019/11/NovoExemplarCantaresGallegos-495x700.jpg)
Unha primeira edición de ‘Cantares gallegos’ con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía
Anxo Angueira publica un estudo sobre o exemplar da primeira edición de ‘Cantares’ atopado en 2013 en Vigo, xunto cunha fotografía, un autógrafo e unha carta de Rosalía.
![As Tres Rosalías](/wp-content/uploads/2019/11/As3Rosalias-495x700.jpg)
As Tres Rosalías
Pepe Barro, deseñador e autor do novo proxecto museográfico da Casa de Rosalía, publica un texto sobre as principais imaxes de Rosalía que leu o 15 de xullo de 2014 na Casa da Matanza.
![150 Cantares para Rosalía de Castro](/wp-content/uploads/2019/11/150_Cantares_para_Rosalia-495x700.jpg)
150 Cantares para Rosalía de Castro
Libro dixital en homenaxe a Rosalía de Castro, editado por Suso Díaz, que reúne 150 poemas de escritores galegos inspirados noutras tantas estrofas de Cantares gallegos.
![Rosalía en Camiño 2019](/wp-content/uploads/2021/07/CapaRosaliaEnCaminho2019-495x700.jpg)
Rosalía en Camiño 2019
Publicación da primeira edición dos Diálogos Literarios Multilingües, Rosalía en Camiño, na que os poetas e as poetas participantes achéganos algúns textos de traballos anteriores e outros creados expresamente para a ocasión, nos que dialogan con poemas, imaxes ou conceptos rosalianos
![De Cantares Hoxe](/wp-content/uploads/2019/11/LibroDeCantaresHoxe-Electronico-495x700.jpg)
De Cantares Hoxe
36 poetas recrean os poemas de ‘Cantares gallegos’ nun proxecto editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Radio Galega. Acompáñase dun CD coas emisións radiofónicas realizadas no Diario Cultural ao longo do ano 2013 e que ademais da lectura dos poemas na voz dos seus autores e autoras.
![O deseño de Portela que mudou a imaxe de Rosalía](/wp-content/uploads/2019/11/O_desenho_de_Portela_que_mudou_a_imaxe_de_Rosalia-495x700.jpg)
O deseño de Portela que mudou a imaxe de Rosalía
Unha investigación amadora de Lois Rodríguez sobre un dos retratos máis difundidos da iconografía rosaliana –do que se descoñecía autoría, data de creación e técnica–, consegue demostrar que esta imaxe é un debuxo, probablemente a carbón, deseñado por Antonio Portela Paradela no ano 1902 en Madrid.