Revista Follas Novas 10
Páxinas: 214
Encadernación: Tapa branda
Edita: Fundacion Rosalía de Castro
Idioma: Galego
Periodicidade: Anual
ISSN: 2530-3813
Colección: Revista Follas Novas
Décima entrega de Follas Novas, Revista de Estudos Rosalianos, un vehículo de comunicación entre todas as persoas rosalianas calquera que sexa o campo concreto que cada quen cultive.
Este número inclúe artigos variados sobre o universo rosaliano, desde a monumentalización do seu sepulcro, un estudo sobre a súa presenza en filmes, ou mesmo o imaxinario vampírico na súa obra, entre outros moitos, chegados de universidades de fóra de Galicia, con autores como Nuria Godón (Florida Atlantic University) ou Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), ou de investigadores independentes como Christian Switek, Diego Rodríguez ou Xurxo Martínez. Alén disto tamén inclúe outros estudos e recensións asinados por Pilar García Negro, Felipe-Senén López, Lydia Fontoira, Margarita Viso ou o mesmo Anxo Angueira.
