Concerto Su Garrido Pombo + entrega Premio Baltar

Hora:

19:00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

O xoves 29 de decembro despedimos o ano cos amigos e amigas da Casa de Rosalía co xa tradicional Concerto de Fin de Ano, que neste caso estará protagonizado por Su Garrido Pombo, cantora viguesa que ten musicado a Rosalía e que vén de publicar novo disco, ‘Patios de luz’.

Ademais faremos entrega do Premio Baltar Feijóo a Aurora Marco, recente gañadora da terceira edición deste galardón pola súa obra ‘Irmandiñas’. 

Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.